Alvaro de las Casas naceu en Ourense o 2 de xullo de 1901, faleceu en Barcelona o 8 de marzo de 1950 a onde chegara de Bos Aires unha semana antes, foi enterrado na parroquia de San Pedro de Sabucedo de Montes, no concello de Cartelle. En Ourense cursou os seus estudos básicos e o bacharelato, transladándose a Valladolid para cursar a carreira de Filosofía e Letras. Doutorouse en Historia e Xeografía, o que quizais influirá na súa posterior proposta de teatro histórico. Exerceu de catedrático e de director do Instituto de Noya, onde fundou os primeiros grupos Ultreya. Foi escritor dramático de renome e tradutor de obras de autores portugueses. Militou no Partido Galeguista e foi membro do Instituto Histórico do Miño. En 1933, tras unha longa polémica co Partido Galeguista funda Vangarda Nazonalista Galega. Tras unha conferencia no Instituto Histórico do Miño na que disertaba sobre o teatro en Galicia e que publicou, achegou a súa proposta de teatro galego, que, na súa opinión, debería ser poético, de temática histórica e representable en calquera parte de Galicia. Todas estas características encóntranse na súa obra A morte de Lord Sataüler (1929). En 1936, co estalido da Guerra Civil, exiliouse primeiro en Portugal, brasil e finalmente en Bos Aires, onde residiu ata 1950. Neste ano, regresou a España, residindo en Barcelona, onde faleceu.

Obra 

Teatro 

  • O Xardín do Castelo de Vidre (1926).
  • A Morte de Lord Sataüler (1929).
  • Pancho de Rábade. Vía Crucis en Seis Estaciós (1931).
  • O Tolo da Lastra, contenido en Tres conversas (1930).
  • A Gavilla, contenido en Tres conversas (1930).
  • Dente de Ouro, contenido en Tres conversas (1930).
  • O Outro (1930).
  • Mátria (1935).
  • Teatro dos Nenos (1936).
  • Rechouchío (1936).
  • Mitin (1936).

Poesía 

  • Sulco e Vento (1931).
  • Escolma de Cantigas (1934).

Prosa 

  • Ladaíña (1927).
  • Xornadas de Sebastián Albor (1931).
  • Na labareda dos trópicos Rio de Janeiro, (1939)

Ensaio 

  • Verbas aos Mozos Galegos (1933).
  • A Illa de Ons (1935).

En español 

A biblioteca foi mercada no 2000 na librería La Centuria, consta de 110 títulos, 19 publicacións periódicas, epistolario, manuscritos, conferencias etc.

Manuscritos:

  • Viaje en tren
  • Cosecha do viño no Ribeiro en 1934
  • Xeira primeira de xullo a bordo do Xaquín Pérez (Roteiro polas Rías Baixas)
  • Actuaciones de Alvaro de las Casas
  • Portosín é unha aldea

Conferencias :

  • El Estado de Galicia
  • Os Hermandiños
  • El Señor de los Suevos
  • Viaje de los RR. Católicos a Galicia
  • La Beltraneja 
  • El Conde de Benavente
  • El Gobernador de Galicia
  • La casa de Altamira