BEN-CHO-SHEY (Xosé Ramón Fernández-Oxea)

Ben Cho Shey

Don Xosé Ramón Fernández-Oxea nace en Ourense en 1896. No ano 1915 remata os seus estudios de mestre de ensino primario, dedicación que ocuparía a vida profesional do noso protagonista desde 1925, ano no que aproba as oposicións a mestre nacional. Fernández-Oxea foi mobilizado como soldado para a guerra de Marrocos, foi precisamente no norte de África onde, en 1922, nacería o seudonimo co que sería coñecido o resto dos seus días. En efecto, Ben-Cho-Shey foi a sinatura que empregou para as súas crónicas de guerra enviadas ao xornal de Ourense La Zarpa, dirixido por Basilio Álvarez.
Como mestre exerceu a súa profesión en Cariño e máis tarde en Sta. Marta de Moreiras (Ourense), parroquia que se convertería en obxecto de exhaustivos estudios etnográficos que o autor publicaría en 1969. No ano 1935 ingresou por oposición no Corpo de Inspectores de Ensino Primario, posto que desempeñaría ata a súa xubilación. Establecido en Lugo, presidiría nesta cidade o Partido Galeguista, símbolo do seu compromiso político. A chegada do franquismo trouxo para Ben-Cho-Shey importantes cambios; en 1937, e como represalia pola súa vencellación galeguista, foi trasladado a Cáceres, non sen antes ser suspendido de emprego e soldo por tres meses. Máis tarde desenvolvería tamén a súa profesión en Toledo.

A vida de Ben-Cho-Shey estaría tamén moi vencellada a Madrid. Nesta cidade levou a cabo un importante labor cultural, ademais de ser mentor e protector de moitos mozos galegos estudiantes na capital do Estado (Xesús Alonso Montero ou Xosé Luís Méndez Ferrín, serían exemplos destacados). Así, Ben-Cho-Shey axudou á fundación de colectivos como o Grupo Brais Pinto, que tanto contribuirían ao rexurdir político do galeguismo na post-guerra. Fernández-Oxea foi tamén directivo do Centro Galego de Madrid, posto desde o que levou adiante interesantes actividades culturais.

Ben-Cho-Shey foi autor dunha obra escrita de grandes dimensións. Sen dúbida, as investigacións históricas, etnográficas, heráldicas, etc., ocupan grande parte dos seus libros publicados. Mais, Ben-Cho-Shey destacou igualmente pola súa obra literaria, tanto en prosa (Andrómenas, 1954) como en verso (A ducia do frade, 1966), sen esquecer as súas colaboracións xornalísticas, reflectidas en centos de artigos en xornais galegos. Membro correspondente de diversas Sociedades e Academias (entre elas a da Historia); recibiría ao longo da súa vida numerosos premios e homenaxes, a destacar a medalla Castelao en 1986. Este grande home comprometido decote con Galicia falecería en Madrid no ano 1988.
Malia a importancia da súa obra, a figura e a personalidade de Ben-Cho-Shey son descoñecidas para o grande público de Galicia. Fronte a outros homes da súa xeración, tales como Castelao, Otero Pedrayo ou Florentino Cuevillas, a presencia do noso protagonista non chega aos galegos coa mesma intensidade. Na procura das razóns deste esquecemento pensamos que as liñas dun artigo do propio Ben-Cho-Shey, publicado na revista Lar de Bos Aires en 1951, ofrécennos a chave:
"Poucas vegadas se terá dado na Historia un caso tan insólito, tan desgraciado e tan triste como o de Galicia. Eu confeso que non conozo outro pobo que como o galego faga unha tan completa renuncia da súa persoalidade nin renegue tan radicalmente de todo canto representa o seu xeito de ser: dos seus costumes, dos seus bailes e, ¡ sobre todo !, da súa fala. O caso de Galicia é o caso inaudito dun pobo en dimisión colectiva de canto ten de seu e o caracteriza."

Intuición non lle faltaba a Fernández-Oxea pois, con visión certeira, incluíu no seu epitafio a seguinte advertencia: "Nota: quedan suprimidas tódalas homenaxes post-mortem, porque as cousas ou se fan ó seu tempo ou non se fan". Non se pode negar que Ben-Cho-Shey foi un home brillante ata o final.  

(Fonte: www.galiciaespallada.com)

 

Bibliografía

 

 

 

1Libros e opúsculos. 
 

  a) Estudos e investigaciós.

 

  • P. González de Ulloa: "Descripción de los estados de la casa de Monterrey", anejo de Cuadernos de Estudios Gallegos, Santiago 1950 (edición de ...).
  • Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo, Madrid, 1952. 
  • Geografía popular toledana. Madrid, 1965 (Prol. de C. J. Cela).
  • P. H. Devos: "Cartas de Galicia", Galaxia, Vigo, 1968 (Estudio, trad. e notas de ....).
  • Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935), Castrelos, Vigo, 1969 (Prol. de Florentino L. Cuevillas; diseños de V. Risco, Xaquín Lourenzo e do autor). 
  • Catón galego, Ediciós do Castro, 1969 (Prol. de X. Alonso Montero; dibuxos de Beatriz Rey). Escudos de Lugo, inédito.

  b) Contos

  • Andrómenas, Monterrey, Vigo, 1954
  • Contos do fiadeiro, Castrelos, col. O Moucho, Vigo, 1973. 

  c)Poesía

  •  Berzas, Madrid, 1953
  •  ducia do frade, Ourense, 1966

 

 2) Traballos en revistas

 

  a) Arte, arqueoloxía.

  • O Baldaquino en Galicia denantes do Barroco (con X. Filgueira Valverde). En Arquivos de S.E.G., Santiago, V, 1930.
  • Jornadas románicas por tierras de Lugo. En Archivo Español de Arte, Madrid, XVII, 1944.
  • Un grupo iglesias románicas gallegas, id., XXIV, 1951.
  • Iglesias cacereñas no catalogadas. En Revista de Estudios Extremeños, Badajoz, 1960.
  • Maestros menores del románico rural gallego. En Cuadernos de Estudios Gallegos.   Santiago, XVII, 1962.
  • As pinturas mergulladas de Chouzán. En Chan, Santiago., 1969.

  b) Etnografía

  • Combate entre  moros y cristianos en A Saínza (Orense). En Revista de Dialectología y Tradiciones Populares I, 1945.
  • Costumbres cacereñas, id., VI, 1950.
  • Cancionero y refranero de Corme, id., VII, 1951.
  • Amuletos lunares toledanos, id., XXI, 1965

 

   c) Lingüística.

  • O lingoaxe nas escolas. En "Vida Escolar", Lugo, 1935.
  • Toponimias agrícolas gallegas, En C. E. G., V, 1950.
  • O barallete. En R. D. T. P., IX, 1953.

  d) Varia.

  • Cuchillo de silex del Saviñao. En Boletín R. Ac. Gallega., XXIII, 1942.
  • De epigrafía cacereña. En Boletín R. Ac. Historia, 1951.
  • A fronteira luso-galaica nos comenzos do século XIX. En Boletín Com. Monumentos Orense 1958.
  • Nuevos verracos toledanos. En Crónica del V Congreso Arqueología Nacional, Zaragoza, 1959.
  • Versos elexíacos. En B. R. A. G., 1964.

 

  XORNALISTA: ALGUNHAS DATAS

 

7/11/1918:  Estrénase na prensa co conto "Deliraba" ( "O Tío Marcos d'a Portela", Terceira Epoca, n.º 42). Firma, sempre nesta revista, Xan Fouciño.

5/01/1922:  Estrean o seudónimo de fasquía galega-marroquí Ben-Cho-Shey ("La Zarpa", Ourense. V. Resposta a Obdulia Gómez").

25/04/1947: Primeiro artígo da Posguerra en galego nun intre en que os xornales da Terra (non os da Emigración) pechábanse casi sempre  colaboraciós da nosa fala Publicóuse en "La Noche" de Santiago que por aquelas datas acollía nas suas páxinas a sección "Parladoiro" de R. Otero Pedrayo. Dirixía o xornal "Borobó".

 

 

23/08/1948: Publica, co seudónimo de "Eubensei"-seudónimo que non volvería empregar- unha defensa da Fala co gallo dunhas reticencias de M. Blanco Tobío. En "La Noche".


13/12/1950: Outra lanza pola Fala ("Faro de Vigo") co gallo dunha arroutada contra ela. O traballo foi premiado polos patriotas de Buenos Aires. Nestes anos so especialmente os seus artigos en defensa da nosa lingua. Cecáis os máis incisivos saisen na prensa galega da Arxentina (as razós son obvias).
Moi pronto todos ou casi tóldolos xornales rexéitanlle non poucos artigos "por meterse en cousas políticas": "Campaña de colonización", "Os capicúas", "O tangaraño", etc.

17/05/1974: Data do derradeiro artigo que publicou ("Espasante", en "La Región").

 

 

1/07/1974: Data da derradira páxina súa ("A morte do periquito").