SANTIAGO ÁLVAREZ 1913 - 2002 

  

                             santi-002

  

                                           

 

  

   En setembro de 2008 a Deputación Provincial de Ourense e a Fundación 10 de Marzo asinaban un convenio de colaboración para a recuperación, conservación e difusión do Arquivo documental do valdeorrés e dirixente comunista Santiago Álvarez.

Os froitos deste convenio concrétanse na compilación e dixitalización dos máis de 15.000 documentos do arquivo documental relativos á traxectoria vital, profesional e intelectual do dirixente comunista.

O Arquivo está integrado por 70 caixas que conteñen 15.314 documentos,210 monografías, 20 títulos de revistas e diversos artigos, recollénse documentos bibliográficos, escritos sobre diversas personalidades do ámbito político e cultural, ou textos que versan sobre a Guerra Civil Española e o exilio republicano, as

O fondo

Nado en San Miguel de Outeiro, Vilamartín de Valdeorras, en 1913. Campesiño e segador, de mozo, afíliase ó Partido Comunista proclamada a II República. No 1934 foi detido pola intentona revolucionaria de outubro dese mesmo ano. Tras as eleccións de febreiro de 1936 nas que triunfou a Fronte Popular, entrou como concelleiro na corporación de Vilamartín.

En 1936 iniciada a Guerra Civil, organiza en Madrid xunto con Castelao ás Milicias Populares Galegas, das que será comisario político, así como, da XI División ao mando de Enrique Líster. Participou na defensa de Madrid e nas batallas do Xarama, Guadalaxara, Brunete,... ao finalizar a guerra exíliase, primeiro en Francia, e logo na República Dominicana e Cuba, onde permanecerá ata 1944. Regresa a España enviado polo PCE, xunto con Sebastián Zapiraín, para facerse cargo da reorganización do partido, chega a Barcelona dende Bós Aires, en xullo de 1945. En agosto dese mesmo ano é detido en Madrid xunto con Zapiraín e Núñez Balsera. Unha intensa campaña internacional salvou a súa vida, e foi condenado a 18 anos de cárcere. En 1954 foi indultado e expulsado a Cuba, dende onde pasará a Francia, realizando varias viaxes clandestinas a España. En 1968 foi elixido secretario xeral do Partido Comunista de Galicia (PCG), tras a fundación. De volta a España en 1976 foi encarcerado en Carabanchel dous meses e outra a finais do mesmo ano. En 1979 abandona a Secretaría do PCG, dedicándose a escribir as súas memorias e outros libros de investigación. Falece en Madrid no ano 2002.           

Como cumio ao devandito traballo realizouse unha a mostra cronobiográfica a Santiago Álvarez, inaugurada o catro de outubro do 2011 no Centro Cultural da Deputación de Ourense e organizada pola Biblioteca en colaboración coa Fundación 10 de Marzo

  

  

     *  Lugar da exposición:

  

Centro Cultural Marcos Valcárcel

Rúa Progreso, 30. Ourense.

  

     *  Datas de Inauguración:     

                

 3 de Outubro de 2012

 

       *   Triptico exposición :