Historia da Biblioteca

 

A Biblioteca da Deputación de Ourense, situada nos baixos do Pazo Provincial, inaugurouse oficialmente o Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 1982, pero as súas portas abríanse ó público en 1984 os obxetivos prioritarios son a difusión, acceso á información e á cultura, e a conservación e o enriquecimento do patrimonio bibliográfico da  nosa provincia.


No ano 1932, D. Luis Fábrega, presidente da Deputación, facilita un local nos baixos de dita instalación para situa-la Biblioteca Pública. Neste local, D. Luis Fernández Pérez Xesta, coa axuda dos alumnos da Escola de Artes e Oficios, fai a decoración e modelado dos estantes.


En 1975 prodúcese o traslado da Biblioteca Pública ó novo edificio da rúa do Concello, quedando os baixos do Pazo Provincial libres, onde se instala a Biblioteca Provincial, inagurándose oficialmente ó 17 de maio de 1982, Día das Letras Galegas, como queda explicado anteriormente.


O día 4 de xuño de 2007 a Biblioteca trasládase de novo ás renovadas dependencias do Centro Cultural da Deputación no terceiro andar, cunha superficie máis ampla onde poder albergar nun espazo máis definido as distintas bibliotecas de autor.




    recepcion_biblioteca    baldas_biblioteca                

                     Recepcion  Biblioteca                             Sala Investigadores


    .      .

Fondos:


A Biblioteca alberga nos seus estantes importantes fondos documentais, en virtude de donacións e adquisicións, algunha delas tan importantes como a de Xosé Ramón Fernández-Oxea "Ben-Cho-Shey" en 1980, Alberto Vilanova en 1984, Eduardo Blanco-Amor  en maio de 1983, sucesivamente as de Álvarez Buylla, Álvaro de las Casas, José Pérez Ávila, Federico e Matilde Lloria, Pura e Dora Vázquez, Benito Fernández Pérez, José González Paz,  Manuel Albendea Gómez de Aranda e ultimamente Xesús Alonso Montero, e a biblioteca carlista donada por Manuel Rego Nieto.

Ademais das bibliotecas de autores, a biblioteca conta cun fondo propio constituído polo fondo antigo, publicacións periódicas, folletos, fotografías, etc...


  fondo_mapa   fondo_biblia

     

             

  fondo1    fondo2 


                               fondo3


 

É precisamente no ámbito das publicacións periódicas onde máis contribucións se fixeron, moitas delas procedentes de América, como o periódico "La Tierra Gallega", publicado na Habana, e dirixido polo insigne poeta celanovense Curros Enríquez.

Como queda dito, a Biblioteca da Deputación Provincial supón unha riquísima fonte para desvelar interesantes aspectos da historia recente de Ourense.

As obras máis relevantes depositadas na biblioteca son: "Celestial vocación de la misión de la India" de 1629; "Fundación, antigüedad y progreso del Imperial Monasterio de Nuestra Señora de Osera" de Tomás Peralta de 1677; outro exemplar de "Nuestra Señora de las Hermitas" de Juan Contreras de 1798; a colección completa de xornal "La Zarpa" que se editaba en Ourense entre os anos 1921 e 1936 e dirixido por Basilio Álvarez.