Fondo bibliográfico Santiago Álvarez                          

 

Nado en San Miguel de Outeiro,Vilamartín de Valdeorras, en 1913. Campesiño e segador de mozo, afíliase ao Partido Comunista proclamada a II República. No 1934 foi detido pola intentona revolucionaria de outubro dese mesmo ano. Tras as eleccións de febreiro de 1936 nas que triunfou a Fronte Popular, entrou como concelleiro na corporación de Vilamartín de Valdeorras.

 

santi-003

En 1936 iniciada a Guerra Civil, organiza en Madrid xunto con Castelao as Milicias Populares Galegas, das que será comisario político, así como, da XI División ao mando de Enrique Líster. Participou na defensa de Madrid e nas batallas do Jarama, Guadalajara, Brunete,... Ao finalizar a guerra exíliase, primeiro  en Francia, e logo na República Dominicana e Cuba, onde permanecerá ata 1944. Regresa a España enviado polo PCE, xunto con Sebastián y Zapiraín, para facerse cargo da reorganización do partido, chega a Barcelona desde Buenos Aires, en xullo de 1945. En agosto dese mesmo ano é detido en Madrid xunto con Zapiraín e Núñez Balsera. Unha intensa campaña internacional salvou a súa vida, e foi condeado a 18 anos de cárcere. En 1954 foi indultado e expulsado a Cuba, desde onde pasará a Francia, realizando varias viaxes clandestinos a España. En 1968 foi elexido secretario xeral do Partido Comunista de Galicia (PCG), tras a  fundación. De volta a España en 1976 foi encarcerado en Carabanchel dous meses e outra a finais do mesmo ano. En 1979 abandona a Sercretaría  do PCG, dedicándose a escribir as súas memorias e outros libros de investigación. Falece en Madrid no ano 2002. 

No ano 2008 a Deputación Provincial de Ourense e a Fundación 10 de Marzo de Santiago de Compostela asinaban un convenio de colaboración e difusión do arquivo histórico do Valdeorrés Santiago Álvarez.  
                                                                                            

 

O equipo da biblioteca acometeu a catalogación, clasificación e a dixitalización dos máis de 15.000 documentos relativos á traxectoria vital, profesional e intelectual do dirixente comunista, para acceder a consulta do seu arquivo faga click neste enlace: (Santiago Álvarez).

 

Como cumio ao devandito traballo realizouse unha mostra cronobiográfica a Santiago Álvarez, organizada en colaboración coa Fundación 10 de Marzo, foi inaugurada o 4 de octubre de 2011 no Centro Cultural da Deputación de Ourense.

 

A mostra segue percorrendo diversas localidades da provincia, estos días pódese visitar no Centro Comarcal de Valdeorras.