Centro Cultural "Marcos Valcárcel"
Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey) Ourense, 1896 - Madrid, 1988
A Exposición:
Esta exposición é unha colaboración entre a Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense para a recuperación da figura de Ben-Cho-Shey e que nos servirá pra facer un percorrido pola súa actividade como polígrafo.
A mostra estructúrase en 2 apartados:
1º Fotobiografía: un percorrido cronolóxico pola vida de Ben-Cho-Shey con máis dun cento de fotografías e ilustracións.
2º Andar e aguzar: Os traballos e os días de Ben-Cho-Shey: As distintas vertentes do seu labor como polígrafo, cunha ampla información gráfica, bibliográfica e documental (o escritor , o xornalista, o etnógrafo, o arqueólogo, o político....).
Lugar da exposición:
Centro Cultural Marcos Valcárcel
Rúa Progreso, 30.
Ourense
Data da exposición:
Do 28 de xullo de 2013 ao 18 de Agosto de 2013.
Folleto da exposición:
...ver folleto
|